O luns, día 29 de xullo de 2024, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (25.04.2024).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, do financiamento do estudo sobre a inserción laboral das persoas tituladas en estudos de Doutoramento na Universidade de Vigo, no curso 2021/2022, a realizar polo Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada polo Grupo Aletheia, para organizar en Vigo as XXVIII Xornadas de Filosofía, coa temática “Filosofía, ciencia e tecnoloxía: a eterna xuventude”.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a petición dunha aportación do Consello Social para a organización do “9º Congreso iberoamericano de psicoloxía do deporte”, previsto en Pontevedra.
Asígnase unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude da Delegación de estudantes da Escola de Enxeñaría Industrial, para reunir en Vigo ao “Consejo Estatal de Estudiantes de Ingeniería Biomédica e Ingeniería de la Salud (CEEIBIS)” .
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a colaboración económica solicitada para a organización dos “Encontros con profesionais do Dereito Concursal”, especialmente orientados ao estudantado.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, para realizar o programa “Augaventura”, de actividades no medio acuático.
Apróbase unha achega. - Aprobación, se procede, da dotación económica precisa para a difusión do Estudo sobre o Impacto económico e social da Universidade de Vigo. Deseño gráfico, maquetación dixital e maquetación editorial.
Apróbase unha dotación. - Aprobación, se procede, da dotación económica precisa para a organización dunha “Xornada de análise, debate e alternativas ao actual sistema de acceso á universidade”.
Disponse unha achega. - Aprobación, se procede, da delegación no presidente para a asignación definitiva das Bolsas- colaboración para a curso 2024/2025, debendo dar conta da resolución na primeira sesión plenaria que se convoque.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos aplicables a titulacións oficiais no curso 2024/2025, por servizos administrativos e académicos.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos do curso de Extensión Universitaria 2024 “Visibilización da importancia da saúde mental na mocidade”, no Campus de Ourense.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na convocatoria “Ourense rural”, promovida pola Universidade de Vigo para o curso 2024/2025 no campus de Ourense.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da Comisión de Actividades e Servizos do 29-07-2024
Documento PDF, 276 KB