Comisión de actividades e servizos

A Comisión aproba diversas axudas e achegas para congresos, actividades, estudos e xornadas e delégase no presidente a distribución previa das bolsas-colaboración 2025-26

2025-09-15T13:33:24+00:0029 de Abril de 2025|Comisión de actividades e servizos|

O martes, día 29 de abril de 2025, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (20.02.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a organización dun congreso internacional sobre Economía Social e Cooperativismo (EESCOOP 2025).
    Apróbase unha determinada axuda.
  4. Acordo que proceda sobre a petición de apoio a actividades de promoción de emprego dentro do VII Congreso de Marketing “FLÚOR”, en Pontevedra.
    Apróbase unha achega.
  5. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade para a organización da MEGAU 2025: Mellores Expedientes de Galicia para o Acceso á Universidade, prevista en Vigo.
    Apróbase unha achega.
  6. Acordo que proceda sobre a axuda excepcional solicitada polo Coro senior do campus de Vigo.
    Apróbase unha achega.
  7. Aprobación, se procede, da elaboración dun estudo sobre a oferta e a demanda de aloxamentos para universitarios no ámbito dos tres campus da Universidade de Vigo: identificación de necesidades, estratexias, modelos e proposta de solución. Dotación económica.
    Apróbase unha achega.
  8.  Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para financiar a Xornada sobre “Avances e desafíos na protección das vítimas de violencia sexual e de xénero”, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
    Concédese unha axuda.
  9. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a organización do II Congreso internacional “A protección do ordenamento xurídico das mulleres en situación de vulnerabilidade”.
    Apróbase unha axuda.
  10. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada pola Asociación de amigos e antigos alumnos da Universidade de Vigo.
    Apróbase unha achega.
  11. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico para posibilitar a participación do equipo PTXAS da Universidade de Vigo no campionato nacional de fútbol-sala universitario.
    Apróbase unha achega.
  12. Aprobación, se procede, en caso de ser preciso e por causa xustificada, da delegación no presidente do Consello Social da distribución previa das Bolsas-colaboración para o curso 2025/2026, da que dará conta á maior brevidade.
    Apróbase por asentimento.
  13. Rogos e preguntas.
    Non hai.