O xoves, día 11 de setembro de 2025, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (29.04.2025).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, da delegación no presidente para a asignación definitiva das Bolsas-colaboración para o curso 2025/2026, debendo dar conta da resolución na primeira sesión plenaria que se convoque.
Apróbase por asentimento. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a produción dun documental propio dentro da “Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo”.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda económica para o encontro de investigadores formados no laboratorio de Bioquímica, na Facultade de Ciencias de Ourense, e conmemoración do 25 aniversario.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para un encontro de alumnos con profesionais do Dereito Concursal, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada polo Grupo Aletheia, para organizar en Vigo as XXIX Xornadas de Filosofía, coa temática “Entre a realidade e a virtualidade. Ética da innovación”.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para a elaboración dun estudo/informe resumo do 50 aniversario da creación da Escola de Enxeñaría Industrial.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda respecto da axuda económica pedida para o evento “VI Xornadas de Formación, Innovación e Emprego – ATIC 2025” da Asociación de Facultades con Titulacións de Información e Comunicación, en Pontevedra.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a aportación solicitada para organizar a “I Conferencia Internacional de Investigación en Linguas” (CIIL25), e a presentación do Instituto de Investigación Lingua, da UVigo.
Apróbase unha achega. - Acordo que corresponda sobre a solicitude presentada pola Cátedra UNESCO para organizar o “I Congreso Internacional Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade”.
Apróbase unha asignación. - Acordo que proceda sobre a colaboración económica solicitada para a organización do 4º Congreso Internacional DIGRAES25: “Estudos do xogo: encrucilladas e diálogos”, na Facultade de Comunicación.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para organizar a XIV edición do Salón de Educación e Formación EDUGAL 2025, en Pontevedra.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio para a organización dun taller para combater a desinformación sobre as tecnoloxías climáticas, a organizar no CSIC por investigadores da UVigo.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a aportación solicitada para a organización do Congreso Internacional “Dereito, defensa e tutela das vítimas vulnerables”.
Apróbase unha asignación. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio a un proxecto para detectar e abordar un trastorno de aprendizaxe das Matemáticas (DISCALCULIA), mediante estudo piloto nos centros educativos de Pontevedra.
Apróbase unha axuda. - Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na convocatoria “Ourense Rural”, promovida pola UVigo e a Deputación para o curso 2025/2026.
Apróbase unha achega. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos aplicables a titulacións oficiais no curso 2025/2026, por servizos administrativos e académicos.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da CAS do 11-09-2025
Documento PDF, 270 KB