Comisión de actividades e servizos

Apróbanse diversas axudas, apoios e dotacións económicas para Practicums 2026, eDestrezas, CinVigo, Discalculia, o Día do Libro, congresos, ciclos de cine e comepeticións de robots, entre outros eventos

2026-04-14T17:46:17+00:0019 de Febreiro de 2026|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 19 de febreiro de 2026, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (11.09.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
    – Axudas 2025. Comparativa co 2024. Axudas á UVigo.
    – Informe GUESSS. A medida do emprendemento na UVigo.
  3. Renovación da web do Consello Social. Presentación da proposta de contidos e utilidades. Deseños. Orzamento.
    Asígnase unha dotación.
  4. Aprobación, se procede, da asignación de axudas a Prácticums, consonte convocatoria do Consello Social para 2026.
    – Apróbase a distribución das axudas para 2026 .
    – Infórmase favorablemente elevar a dotación da convocatoria para 2027.
  5. Aprobación, se procede, dunha axuda do Consello Social para a financiación dos cursos “eDestrezas” que aportan competencias dixitais ao alumnado, PTXAS e PDI.
    Apróbase unha achega.
  6. Acordo que proceda sobre a petición de apoio ao proxecto de divulgación científica “CinVigo. Ciencia na rúa”, para fomentar vocacións científicas en Secundaria e Bacharelato.
    Apróbase unha axuda.
  7. Acordo que proceda sobre a petición de apoio a un proxecto para detectar e abordar un trastorno de aprendizaxe das matemáticas -Discalculia-, mediante estudos piloto nas aulas de educación primaria de Galicia.
    Apróbase unha achega.
  8. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda, presentada pola Facultade de Filoloxía e Tradución, para conmemorar o día do libro no Paraninfo da UVigo.
    Apróbase unha axuda.
  9. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao Congreso internacional “Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario”, no edifico Redeiras.
    Apróbase unha achega.
  10. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para organizar o ciclo “Cine e Xustiza”, en facultades dos campus de Vigo e Ourense.
    Apróbase unha axuda.
  11. Acordo que proceda sobre a petición para desenvolver unha xornada de formación combinada para o alumnado das facultades de Filoloxía e Tradución e de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
    Apróbase unha achega.
  12. Acordo que proceda sobre a petición de axuda da Escola de Enxeñaría Industrial para organizar unha Competición de robots, co obxectivo de fomentar as actividades STEAM en colexios e institutos de Galicia.
    Apróbase unha achega.
  13. Proposta de renovación do servizo técnico para mantemento informático e actualización continuada dos escritos e gráficas da web do Consello Social.
    Asígnase unha cantidade.
  14. Aprobación, se procede, da dotación económica que corresponda para a organización da VI edición dos Premios Consello Social_UVigoHumana 2025.
    Faise unha achega
  15. Rogos e preguntas.
    Non hai.