O Pleno aproba a creación da spin-off Áncora, o convenio coa FUVI para prácticas de estudantes, o patrocinio de actividades para concienciar e difundir a actividade científica e o fomento da competencia dixital entre o alumnado

2019-06-18T13:40:25+00:0011 de Xuño de 2019|Pleno|

O martes, 4 de xuño de 2019, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (16.04.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do Presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Aprobación definitiva, se procede, da creación da spin-off “Ancora” e da participación da UVigo, consonte acordo do Consello de Goberno de 29 de abril de 2019, e aprobación previa do Consello Social en pleno do 27 de decembro de 2018.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  5. Informes sobre a taxa de abandono e a taxa de graduación na UVigo correspondente ao curso 2017/2018 e comparativas, consonte os datos da Área de Calidade.
    O Pleno dáse por informado.
  6. Aprobación, se procede, da modificación de estatutos da Asociación de universidades do Estado español con titulacións oficiais de Tradución e Interpretación (AUNETI).
    O Pleno aproba a modificación.
  7. Aprobación da adhesión da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da UVigo á Asociación Olimpíada Española de Economía.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  8. Asignación de complementos. Outros acordos. Taxas e memorias.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  9. Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo para 2019, orientada a avanzar nas prácticas dos estudantes. Asignación económica.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  10. Aprobación, se procede, sobre o patrocinio de actividades para concienciar á sociedade sobre o valor da ciencia e da innovación, e para a difusión de experiencias científicas e tecnolóxicas entre xoves estudantes.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  11. Aprobación, se procede, da elaboración e distribución de carpetas-guía de acollida aos novos alumnos que se matriculen na UVigo o curso 2019-2020. Asignación económica.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  12. Outros acordos.
    O Pleno dáse por informado.
  13. Aprobación, se procede, da colaboración solicitada para o fomento de competencias dixitais dos alumnos da UVigo, nos tres Campus.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  14. Convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de abril.
    O Pleno dáse por informado.
  15. Aprobación, se procede, da delegación no presidente do Consello Social para a distribución das 53 bolsas-colaboración asignadas para o curso 2019-2020 á UVigo polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, da que se dará conta nun próximo Pleno.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  16. Reflexións sobre a posible creación dunha universidade privada en Galicia.
  17. Rogos e preguntas.
    Non hai.