O xoves, día 12 de setembro de 2019, ás 12:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.05.2019).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a realización do proxecto expositivo “Intérpretes pioneiras (1900-1953): tendendo pontes”, na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Apróbase a axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio para as xornadas “A outra cara do monte”, organizadas dende o Laboratorio de Micoloxía, da Facultade de Bioloxía.
Apróbase a achega. - Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración na organización do congreso internacional “Lingua e violencia: mediacións literarias na era do Antropoceno”.
Concédese a axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada para a organización do VII Ciclo de conferencias de Dereito Concursal, con relatorios a cargo de expertos nacionais.
Apróbase a axuda. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada pola Asociación de alumnos “Aulas de formación Aberta”, do Programa de maiores da UVigo, para actividades a realizar no curso 2019/2020.
Apróbase a achega. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda para organizar a International Conference “Workshop on Language and the Brain”, promovido dende a Facultade de Filoloxía e Tradución.
Apróbase a axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio para o “I congreso de debates electorais televisados e novas formas de comunicación política”, previsto no Campus de Pontevedra.
Apróbase a achega. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión da Comisión de Actividades e Servizos do xoves 12 de setembro de 2019
Documento PDF, 155 KB