O martes, día 18 de febreiro de 2020, ás 12:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
-
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.11.2019).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Proposta de renovación do acordo para actualizar os contidos da páxina Web en 2020, mantemento e comunicación informativa de actividades.
A Comisión dá a súa aprobación. - Avaliación e acordo que proceda, para elevación ao Pleno, da distribución de axudas previstas na convocatoria Aberta de Prácticums que promove o Consello Social. Novo procedemento para a tramitación dos pagos.
A Comisión informa favorablemente para elevación ao Pleno. - Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para a organización dun Foro de emprego.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para organizar o Foro Tecnolóxico, orientado a propiciar a empregabilidade dos alumnos das escolas técnicas do Campus de Vigo.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a proposta de patrocinio dun Premio á mellor iniciativa de innovación social, convocado para alumnos e cidadáns dentro do evento Hack for Good 2020, no Campus de Vigo.
Apróbase unha achega. - Aprobación da achega precisa para organizar en Ourense o Encontro técnico de secretarios de Consellos Sociais, promovido polo Consello Social de Vigo e a Conferencia de Consellos Sociais das universidades españolas (CCS).
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre o apoio excepcional, durante 2020, ás actividades e ás diferentes liñas de traballo que posibiliten a posta en funcionamento, operatividade e accións prácticas do Observatorio de Egresados da UVigo.
Acórdase propoñer ao Pleno unha achega para o exercicio 2020, incidindo na excepcionalidade e temporalidade do acordo. - Rogos e preguntas.
Non hai.
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.11.2019).