O xoves, día 28 de febreiro de 2020, ás 12:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (16.12.2019).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Liquidación do orzamento de ingresos e gastos da UVigo. Informe de execución orzamentaria anual e Carta de avance de auditoría, consonte Real Decreto-Lei 14/2012. Elevación de acordo ao Pleno.
A Comisión informa favorablemente. - Correccións e modificacións parciais do orzamento da UVigo correspondente a 2020.
A Comisión informa favorablemente. - Informe que proceda sobre a xestión e a situación económica, e a solvencia da UVigo.
A Comisión considera suficiente a información recibida. - Aprobación definitiva, se procede, da creación e da participación da UVigo no capital social da empresa “Blue Structure”, consonte acordo do Consello de Goberno (CG) do 22 de xaneiro de 2020.
A Comisión informa favorablemente. - Aprobación, se procede, da participación da UVigo na asociación “Infab Hub”. (Acordo do CG do 22.01.2020).
A Comisión informa favorablemente. - Aprobación, se procede, da participación da UVigo na asociación “Interval”, Polo español de INTEROP-VLab. (Acordo do CG do 22.01.2020).
A Comisión informa favorablemente. - Informe sobre o estado de aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Procedementos (solicitude, tramitación e xustificación) nos gastos en proxectos internacionais de cooperación educativa” (Pleno do 1 de xuño de 2019).
A Comisión dáse por informada. - Control e seguimento da aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da UVigo. Informe que proceda sobre as doazóns menores e correntes. (Acordo do 29 de xuño de 2017).
A Comisión dáse por informada. - Control e seguimento da aplicación da Normativa de xestión de espazos universitarios. Informe que corresponda sobre as dispensas de pago acordadas pola Xerencia.
A Comisión dáse por informada. - Acordo que proceda sobre a asignación singular e individual de complementos a profesores, correspondentes á convocatoria de 2018, por cargos de xestión, polo labor docente e investigador e pola excelencia curricular docente e investigadora, consonte resolución da ACSUG.
A Comisión acorda a asignación e informar favorablemente ao Pleno. - Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en decembro de 2019 e xaneiro de 2020.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Intervencións de Manuel González e da xerente da Universidade.