O martes, día 22 de setembro de 2020, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.05.2020).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola organización das Xornadas dixitais sobre Tecnoloxías e Solucións para a automatización industrial “Dixital JAI2020”.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a actividade “Cóntancho as Matemáticas”, dirixida a fomentar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora e promover a igualdade de xénero entre o estudantado do terceiro ciclo de Educación primaria.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda presentada para o patrocinio do VIII Ciclo de conferencias de Dereito Concursal, coa presencia de expertos a nivel nacional.
A Comisión aproba unha axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao programa “eDestrezas”, promovido dende a Vicerreitoría de Captación de alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, para fomentar as competencias dixitais dos alumnos nos tres Campus.
Acórdase elevar ao Pleno proposta de axuda para executar o programa en 2021. - Aprobación, se procede, da proposta de re-definición e ampliación da web corporativa do Consello Social, para incorporar unha maior presencia de contidos específicos referidos á Responsabilidade Social e Transparencia da UVigo.
Apróbase unha achega. - Revisión da axuda concedida na sesión do 21.05.2020, para a organización da sétima edición do “Pont Up Store 2020: espazo de emprendemento”.
Apróbase a modificación. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión da Comisión de Actividades e Servizos do martes 22 de setembro de 2020
Documento PDF, 159 KB