Comisión económica

Apróbase o teito de gasto e o orzamento da UVigo e o orzamento do Consello Social do 2021, así como a proposta dunha auditoría para a mellora do ensino e a investigación

2021-01-27T13:18:34+00:0017 de Decembro de 2020|Comisión económica|

O xoves, día 17 de decembro de 2020, ás 11:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (23.06.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2021, ao abeiro do disposto no Real Decreto 14/2012, do 20 de abril.
    A Comisión informa favorablemente.
  4. Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio de 2021. Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión informa favorablemente o orzamento para elevar ao Pleno.
  5. Aplicación e accións desenvolvidas respecto das recomendacións da empresa auditora recollidas no Plan de control financeiro da UVigo no exercicio 2019.
    A Comisión dáse por informada.
  6. Aprobación, se procede, do orzamento do Consello Social para o exercicio de 2021.
    Apróbase a proposta.
  7. Comunicación dos traballos desenvolvidos para a creación dunha “Estrutura, funcionamento e xustificación de proxectos internacionais de cooperación e de investigación, con financiamento europeo, noutras universidades españolas”. Aproveitamento do informe de auditoría operativa.
    A Comisión dáse por informada.
  8. Informe sobre a aplicación das recomendacións da auditoría operativa sobre “Procedementos (solicitude, tramitación e xustificación) nos gastos en proxectos internacionais de cooperación educativa”, en previsión de estar operativa no segundo semestre de 2020 (reunión do 28 de febreiro de 2020).
    A Comisión dáse por informada.
  9. Propostas para determinar o contido dunha nova auditoría operativa orientada a promover a mellora do ensino, da investigación ou da xestión dos servizos da UVigo.
    A Comisión dá a súa conformidade.
  10. Acordo que proceda sobre a asignación singular e individual de complementos a profesores, correspondentes á convocatoria de 2019, por cargos de xestión, pola labor docente e investigadora, e pola excelencia curricular docente e investigadora, consonte resolución da ACSUG.
    A Comisión informa favorablemente.
  11. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo no mes de novembro de 2020.
    A Comisión informa favorablemente ao Pleno.
  12. Rogos e preguntas.
    Interveñen Daniel Barata e González Piñeiro.