O venres, día 19 de febreiro de 2021, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (18.11.2020).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, da distribución de axudas previstas na convocatoria aberta de Prácticums para 2021, que promove o Consello Social.
A Comisión aproba propoñer ao Pleno unha distribución do Plan de Prácticums para o actual curso. - Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, da proposta de actividades do Observatorio de persoas tituladas para o ano 2021.
A Comisión propón unha achega. - Acordo que proceda, e elevación ao Pleno, sobre a elaboración dun Barómetro da UVigo dende a perspectiva dos empregadores, analizar as expectativas, os comportamentos sobre contratación e as competencias que buscan nos candidatos.
Acórdase propor ao Pleno axudas para a elaboración, recollida de datos e edición de 50 exemplares. - Acordo que proceda sobre a colaboración do Consello Social coa Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, para desenvolver iniciativas culturais, de innovación, ambientais e de achegamento dos investigadores ás empresas.
Apróbase elevar ao Pleno unha proposta de axuda. - Aprobación, se procede, da colaboración solicitada para a organización da terceira edición do Foro de Emprego, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Apróbase unha achega. - Aprobación, se procede, da axuda solicitada polo equipo de investigación Ephyslab da UVigo, para a realización dun vídeo que será proxectado en foros científicos de gran audiencia e servirá para práctica de laboratorio a nivel de secundaria e de universidade.
Apróbase unha axuda. - Proposta de renovación do servizo de mantemento e actualización dos contidos textuais e gráficos da web corporativa do Consello Social.
Apróbase unha asignación. - Acordo que proceda sobre a sétima axuda solicitada para organizar o Foro Tecnolóxico de emprego dirixido ás tres escolas de enxeñaría con sede en Vigo e ás dúas de Ourense.
Desestímase conceder a axuda. - Acordo que proceda sobre a petición da Unidade de Captación de alumnos para presentar a exposición “Eu son UVigo!”, nos institutos de Galicia.
Apróbase unha achega. - Rogos e preguntas.
Non houbo.
Acta da reunión da Comisión de Actividades e Servizos do venres 19 de febreiro de 2021
Documento PDF, 177 KB