Colaboracións e patrocinios

Aula Aberta á TecnoCiencia, unha inicitiva da Escola de Minas e o Consello Social dirixida ao alumnado non universitario e á cidadanía en xeral

2021-04-26T17:26:28+00:0026 de Abril de 2021|Colaboracións e patrocinios|

Na Escola de Minas e Enerxía ponse en marcha un espazo de divulgación científica, tecnolóxica e investigadora, especialmente dirixido a centros de educación secundaria e bacharelato, ciclos formativos de FP, programa de maiores e cidadanía en xeral a través das asociacións de veciños.

Este é un dos módulos, o de topografías con realidade aumentada. Na era dixital, a topografía deu o salto aos computadores e a realidade aumentada. O SARndbox (Augmented Reality Sandbox), tamén coñecido como areeiro, permite visualizar en tempo real as cores segundo a altura do terreo, así como liñas de nivel.

A Aula Aberta á TecnoCiencia permite que calquera persoa, independentemente da súa formación e idade, teña acceso a coñecementos técnicos contribuíndo á súa aprendizaxe científica e tecnolóxica. Cun amplo catálogo de experiencias agrupadas en módulos pertencentes a áreas de coñecemento converxentes. Desta maneira móstrase ao mesmo tempo a utilidade e o atractivo dunha vida profesional dedicada ao mundo da transferencia tecnolóxica no ámbito das ciencias aplicadas da Terra, materiais e enerxía. Todas as actividades realízanse coa participación activa do alumnado.

Para visitar a Aula Aberta á TecnoCiencia, de forma totalmente gratuíta, hai que se poñer en contacto con eme.internacional@uvigo.es ou chamar aos teléfonos:
+34 986 812 205 ou +34 986 814 077