Actualidade

Acórdanse varias axudas, contratos e achegas. Tamén, se dá a conformidade á modificación parcial das normas para a concesión de axudas por parte do Consello Social

2022-02-28T18:34:30+00:0022 de Febreiro de 2022|Sen categorizar|

O martes, día 22 de febreiro de 2022, ás 11:30 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (04.10.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao proxecto Clean Energy Ship, promovido polo alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións para a fabricación dunha embarcación solar.
    Apróbase conceder unha axuda.
  4. Acordo que proceda sobre a proposta de elaboración dun Barómetro para coñecer a empregabilidade sostible dos estudantes de mestrados da Universidade de Vigo.
    Apróbanse axudas para a elaboración e para a recollida de datos.
  5. Acordo que proceda sobre a solicitude do Observatorio de persoas tituladas, para a edición dixital do terceiro e último informe sobre o impacto laboral da COVID nas persoas tituladas pola UVigo, durante 2021, realizado co apoio do Consello Social.
    Apróbase unha achega.
  6. Proposta de renovación dos traballos de mantemento e actualización de contidos textuais e gráficos da web corporativa do Consello Social, durante 2022.
    Asígnanse as cantidades correspondentes aos pagos trimestrais durante 2022.
  7. Acordo que proceda sobre a petición de colaboración solicitada polo Instituto de Estudos Vigueses para actividades a desenvolver en 2022.
    Apróbase unha achega.
  8. Acordo que proceda, e revisión das circunstancias que concorren, sobre a colaboración especial solicitada pola Asociación de estudantes das escolas de enxeñaría de Vigo e Ourense, para organizar o Foro Tecnolóxico de Emprego.
    Concédese unha axuda.
  9. Acordo que proceda sobre a solicitude da Delegación de alumnos de Química para organizar un ciclo de conferencias co obxectivo de visibilizar o protagonismo das mulleres no ámbito científico e abrir perspectivas laborais.
    Apróbase unha achega.
  10. Acordo que proceda sobre petición da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, para elaborar, con carácter urxente, un estudo sobre a inserción laboral dos titulados pola UVigo en Grao e Máster, para participar no QS University Ranking.
    Apróbase unha achega.
  11. Acordo que proceda sobre a petición de apoio ás actividades e iniciativas a desenvolver pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
    Apróbase unha axuda.
  12. Modificación parcial das Normas básicas para a concesión de axudas do Consello Social.
    A Comisión dá a súa conformidade.
  13. Rogos e preguntas.
    Non hai.