O mércores día 25 de maio de 2022, ás 11:30 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.05.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Análise e evolución da taxa de abandono e cambio de estudos na Universidade de Vigo. Aproximación ás posibles causas e comparativas con outras zonas, consonte informe da Área de Calidade.
A Comisión dáse por informada. - Informe que proceda sobre o proxecto de decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do SUG para o curso 2022/2023.
A Comisión emite informe favorable. - Informe que proceda sobre as doazóns bibliográficas rexistradas durante 2021, se houbese.
A Comisión dáse por informada. - Informe sobre a situación da tramitación e expedición dos títulos oficiais da Universidade de Vigo, pendentes de entregar e pendentes de recoller.
A Comisión dáse por informada. - Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos (corresponden a taxas aprobadas polo Consello Social con anterioridade a entrada en vigor do novo Regulamento dos Programas de Formación Permanente, coa aprobación previa do Presidente):
-
- V Curso de formación en “Análise avanzada da información (Microsoft Excel)”
- VII Curso de formación en “Programación Java”
- IX Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
- XIX Curso de formación en “Introdución á bolsa”
- IX Curso de formación en “Estatística con R para profesionais da saúde”
- XI Curso de formación en “Estatística con R para Investigadores”
- IV Curso de especialista en “Dobraxe”
Apróbanse as memorias presentadas.
-
- Aprobación, se procede, das taxas para cursos de Extensión Universitaria 2022 da Universidade de Vigo, nos tres campus.
Apróbanse as propostas. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos e deducións para participar nas actividades previstas polo Campus Camp en 2022.
Apróbanse as taxas. - Corrección de erros no orzamento 2022 da Universidade de Vigo.
Apróbase por asentimento. - Cambio de aplicacións orzamentarias para desenvolver accións estratéxicas de I+D+i.
A Comisión autoriza a transferencia. - Solicitude de autorización de transferencia de crédito para desenvolver o proxecto Unidigital.
A Comisión autoriza a transferencia. - Xeración de crédito, con cargo ao remanente de 2021, para actividades contra a violencia de xénero.
A Comisión autoriza a dotación con cargo ao remanente de 2021. - Incorporación de remanente para un programa de investigación, en Humanidades (Convenio Centro Ramón Piñeiro).
A comisión autoriza a operación. - Aprobación, se procede, de desconto na matrícula do Curso de especialista en “Tradución para a industria do videoxogo”.
Apróbase a proposta. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda para conectar a empresas e estudantes no Congreso Atlántico de Marketing Dixital “Flúor”.
Apróbase unha achega. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en febreiro e marzo de 2022.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
A iniciativa do presidente, as persoas asistentes parabenizan ao Reitor pola reelección. Tamén lle expresan o pesar e achegan ánimos polo inesperado pasamento do vicerreitor Manuel Ramos.
Acta da Comisión Executiva do 25-05-2022
Documento PDF, 215 KB