O mércores, 29 de xuño de 2022, ás 16:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (31.03.2022).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
Propostas e acordos da Comisión Económica (reunión do 27 de xuño de 2022).
- Aprobación, se procede, das contas anuais do exercicio 2021 da Universidade de Vigo. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
O Pleno dá a súa aprobación. - Análise e valoración das contas anuais de 2021 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
O Pleno dá a súa aprobación. - Análise e valoración das contas anuais de 2021 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria (CUSA).
O Pleno dá a súa aprobación. - Análise e valoración das contas anuais de 2021 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).
O Pleno dá a súa aprobación. - Modificación das normas de execución do orzamento 2022 (artigo 11. Transferencias de crédito). Aprobación, se procede.
O Pleno delega no reitor a facultade de autorizar as transferencias necesarias. - Aprobación, se procede, da cesión temporal de equipos de Omron á Universidade de Vigo.
- Aprobación inicial, se procede, da creación e participación da Universidade de Vigo no capital social da empresa SPARC, S.L., promovida por persoal investigador da propia institución.
- Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo para o exercicio 2022, orientado a facilitar o achegamento do estudantado ao mercado laboral e á empregabilidade.
- Informe que proceda sobre a presentación de solicitudes do Centro de Investigación Mariña (CIM), do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Comunicación (AtlanTTic), consonte a normativa reguladora de aprobación de centros e institutos de investigación do SUG. (Consello de Goberno do 9 de xuño de 2022).
- Aprobación, se procede, dos prezos públicos para o curso 2022/2023, por servizos administrativos e académicos que afectan a titulacións oficiais e ao alumnado visitante.
- Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos Obradoiros que se desenvolverán no curso 2022/2023 nos tres Campus da Universidade de Vigo.
O Pleno aproba por asentimento os puntos 9, 10, 11, 12, 13 e 14. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2022.
O Pleno informa favorablemente. - Informe sobre a aplicación das recomendacións da auditoría operativa sobre “Aportación do Consorcio interuniversitario do SUG a compras e servizos común das tres universidades·. (Pleno do 29 de xullo de 2021).
O Pleno informa favorablemente.
Propostas informadas favorablemente, acordos e patrocinios da Comisión de Actividades e Servizos (reunión do 26 de abril de 2022).
- Aprobación da axuda proposta para a organización da “I Feira internacional Emprego in Campus da Universidade de Vigo”.
O Pleno ratifica a concesión dunha determinada axuda. - Aprobación, se procede, da participación e patrocinio do Consello Social na produción e distribución de material de acollida ao estudantado da Universidade de Vigo no curso 2022/2023, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
O Pleno ratifica a concesión dunha determinada axuda. - Outros acordos da Comisión.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación da distribución previa das Bolsas-colaboración para o curso 2022/2023, delegada no presidente.
O Pleno dá a súa conformidade. - Aprobación, se procede, da participación do Consello Social no patrocinio da convocatoria “Premios Alumni-Universidade de Vigo” e organización do “I Encontro da Comunidade”.
O Pleno aproba a concesión dunha axuda. - Rogos e preguntas.
Interveñen o reitor, o presidente do Consello Social e Juan José Santamaría.