O martes, día 4 de outubro de 2022, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26.04.2022).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, da petición da Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, para financiar unha enquisa sobre a inserción laboral dos egresados nas titulacións de Grao e Mestrado universitario, da promoción 2019/2020.
Apróbase achegas para o estudo e para os diferentes informes específicos para o ranking. - Aprobación, se procede, da actualización do estudo promovido polo Consello Social para medir o impacto e o retorno económico e social da actividade da Universidade de Vigo no territorio, en conxunto e en cada un dos tres campus.
Apróbanse achegas para facer o traballo, e para a difusión en distintos soportes físicos e dixitais. - Aprobación, se procede, do apoio económico que se solicita para a elaboración do Plan de Responsabilidade Social da Universidade de Vigo.
Apróbase unha achega para o presente exercicio. - Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na convocatoria “Ourense rural”, promovida pola Universidade de Vigo para o curso 2022/2023 no campus de Ourense.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a participación do Consello Social na promoción e difusión das VIII Xornadas de automatización industrial (JAI 2022), organizadas pola Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
Apróbase unha signación para produción e difusión, previa autorización. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda remitida polo grupo de investigación HI19, da UVigo, para a organización da International Workshop “Advancing code-switching research”, na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para levar a cabo as Xornadas “O entorno dixital e a cooperación entre administracións tributarias”.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a celebración do “I Ciclo de conferencias de métodos e técnicas de investigación cualitativa en Ciencias Sociais”.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a colaboración económica solicitada para a organización das “IX Xornadas sobre cuestións prácticas do proceso civil”, previstas en Vigo.
Concédese unha contribución. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda presentada pola Delegación do alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial, para reunir en Vigo ao Congreso estatal da Asociación de representantes de alumnos de enxeñarías.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración no patrocinio da undécima edición de EDUGAL (Salón de educación e formación de Galicia), previsto en Pontevedra.
Apróbase unha axuda. - Aprobación, se procede, das tarifas por actividades deportivas na Universidade de Vigo, exencións e descontos, para o curso 2022-2023.
A Comisión aproba os prezos. - Modificación dos prezos de matrícula do curso de formación universitaria “Negociación colectiva e individual no ámbito laboral”.
A Comisión dá a súa aprobación. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión da Comisión de Actividades e Servizos do martes 4 de outubro de 2022
Documento PDF, 177 KB