O xoves, día 22 de febreiro de 2024, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26.09.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, da asignación das axudas previstas na convocatoria de Prácticums do Consello Social, correspondente a 2024.
Infórmase favorablemente para a súa elevación ao Pleno. - Proposta de renovación do convenio para a realización dos traballos de mantemento e actualización continua dos contidos textuais e gráficos da web do Consello Social, e do mantemento informático.
Apróbase. - Aprobación, se procede, da realización dun estudo para medir o impacto socioeconómico e o valor social da UVigo, e avanzar na RSC da institución.
Asígnase unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio á Feira EMPREGO in CAMPUS, promovida pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.
Apróbase un apoio. - Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración presentada pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra para desenvolver actividades en 2024.
A comisión propón conceder unha achega. - Acordo que proceda sobre a petición de patrocinio do Instituto de Estudos Vigueses ao Consello Social para as actividades previstas no Forum IEV 2024.
Apróbase o patrocinio. - Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración presentada pola Escola de Enxeñaría Industrial para organizar a sétima edición do Concurso de Robots para fomentar as actividades STEAM en colexios e institutos.
Asígnase unha axuda. - Acordo que proceda sobre o apoio económico solicitado pola Delegación de alumnos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, para reunir en Vigo o Consello Nacional de Estudantes de Dereito.
Apróbase o apoio. - Acordo que proceda sobre a colaboración no patrocinio dun Premio de Innovación Social, dentro do evento “Hack for Good 2024”.
Apróbase a colaboración no patrocinio do premio. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio para a organización do Congreso Internacional “ICAME45”, dentro da Facultade de Filoloxía e Tradución, e dirixido a persoal investigador do ámbito lingüístico.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a proposta de financiamento do Campamento Tecnolóxico de Verán 2024, no Campus de Ourense, para potenciar a igualdade de xénero nas titulacións técnicas, coa colaboración da Escola de Informática.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio para desenvolver o proxecto “Cóntancho as Matemáticas”, para mellorar a educación matemática na última etapa de Educación Primaria e os primeiros cursos de Secundaria, e fomentar as vocacións.
Apróbase unha axuda. - Aprobación, se procede, da aportación económica precisa para a realización dunha xornada de formación dentro da UVigo sobre prevención do fraude e os conflitos de interese.
Apróbase unha aportación. - Acordo que proceda sobre a petición de colaboración co proxecto “CinVigo. Ciencia na rúa”, organizado por CINBIO para fomentar vocacións en secundaria e bacharelato e amosar traballos de investigación á sociedade.
Apróbase a colaboración. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico para a organización da Conferencia internacional ESEE-Decrecemento 2024, en Pontevedra.
Concédese unha axuda. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta CAS 22-02-24
Documento PDF, 179 KB