Comisión económica

Apróbase o teito de gasto e a proposta de orzamento da UVigo para 2025, así como o orzamento 2025 do Consello Social e a publicación da memoria do mesmo do ano 2023

2025-03-11T10:40:12+00:0013 de Decembro de 2024|Comisión económica|

O venres, día 13 de decembro de 2024, ás 16:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (25.09.2024).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
    a) Informes Xerencia.
    b) Outros asuntos de sesións anteriores.
  3. Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio orzamentario de 2025. Acordo para elevación ao Pleno.
    Emítese informe favorable.
  4. Acordo sobre a proposta de orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2025. Elevación ao Pleno.
    A comisión emite informe favorable para elevación ao Pleno.
  5. Aportacións e suxestións respecto das Normas de execución do orzamento da Universidade de Vigo.
    A comisión dá a súa conformidade.
  6. Orzamento do Consello Social para o exercicio 2025. Estimación do peche do exercicio 2024.
    Apróbase por asentimento.
  7. Transferencias de crédito aprobadas en Consello de Goberno (29.10.2024) para centros de investigación.
    A comisión dáse por informada.
  8. Proposta de aprobación inicial da creación e participación da Universidade de Vigo na SpinOff “Serenia”.
    Apróbase por asentimento.
  9. Informe de aproveitamento e aplicación das melloras recomendadas no informe de auditoría operativa sobre “Procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da Universidade de Vigo, e sobre os elementos do inmobilizado material”.
    A comisión dáse por informada.
  10. Aprobación, se procede, da edición e difusión da Memoria do Consello Social correspondente a 2023.
    Apróbase por asentimento.
  11. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante os meses de outubro e novembro de 2024.
    A comisión dáse por informada.
  12. Rogos e preguntas.
    Non hai.