O martes, día 25 de novembro de 2025, ás 10:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (17.07.2025).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
Propostas, análises, informes e acordos da Comisión Económica (13 de outubro de 2025)
- FEUGA: Prazo para a eliminación de remanente. Estado dos saldos.
O pleno dáse por informado. - Salvedades sobre as contas de 2024 da UVigo. Informes solicitados á Xerencia sobre a situación do remanente e os saldos de dubidoso cobro.
O pleno dáse por informado. - Informe solicitado á Xerencia sobre o rexistro de terreos da UVigo. Situación e medidas a adoptar.
O pleno dáse por informado. - Aprobación definitiva da creación e participación da UVigo na spin-off CIES5SEC (Consello de Goberno do 25 de xuño de 2025).
O pleno acorda dar a súa aprobación. - Outros asuntos. (Spin-off “Nexolnn”. Contratación de auditoría de contas de 2025 e seguintes. Doazón de equipos pola Fundación FAIMEVI. Ampliación da aportación de capital social a SIGMA. Convenios. Oferta de emprego público 2025).
O pleno dá a súa conformidade.
Propostas de aprobación e acordos aprobados pola Comisión Executiva (16 de outubro de 2025)
- Aprobación definitiva das Bolsas-colaboración.
Apróbase por asentimento. - Creación do Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte (INCIDE).
Volverá ao pleno coa nova denominación. - Designación de novos membros das Comisións Executiva e Económica.
O pleno dá a súa conformidade. - Outros acordos. Titulacións 2027/2028. Axudas.
O pleno dáse por informado.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (11 de setembro de 2025)
- Aprobación dos prezos públicos aplicables a titulacións oficiais no curso 2025/2026, por servizos administrativos e académicos da UVigo.
Apróbase por asentimento. - Acordos de patrocinio e axudas.
O pleno dáse por informado.
- Incorporación de Luis Novoa Fernández como novo membro do Consello Social en representación da Confederación de Empresarios de Ourense.
O presidente comunica dita incorporación. - Designación dun representante do Consello Social no Instituto de Investigación de Ciencias do Deporte.
Apróbase a designación de Ernesto Pedrosa. - Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o ano 2026, e dotación económica correspondente.
Apróbase por asentimento. - Informe do Reitor. Posicionamento da UVigo sobre a titulación de Medicina. Outros asuntos varios.
- Presentación das conclusións do estudo do Observatorio das persoas tituladas en estudos oficiais en toda a historia da UVigo (1990-2024)
O presidente agradece o traballo e avoga pola súa continuidade. - Rogos e preguntas.
Interveñen: Elena Añel e Juan José Santamaría presenta por escrito varias consideracións.