Comisión económica

Na reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social acordouse liquidar o orzamento da UVigo do 2014

2018-10-19T19:07:18+00:005 de Marzo de 2015|Comisión económica|

O venres, día 27 de febreiro de 2015, ás 11.10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 27.02.15

HORA DE COMEZO:  11:10 h.

HORA DE REMATE:   12:50 h.

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (18.12.2014)
  2. Liquidación do orzamento de ingresos e gastos da UVigo do exercicio 2014. Avance da auditoría e análise do informe de execución orzamentaria anual, consonte ao disposto no Real Decreto-Lei 14/2012. Acordo que proceda e informe ao Pleno.
  3. Revisión e análise do informe de auditoría operativa sobre os procedementos de xestión económica da investigación e da transferencia de resultados na Área de Investigación da UVigo.
  4. Elección, se procede, dun novo ámbito universitario para a realización da correspondente auditoría operativa.
  5. Aprobación, se procede, da adhesión da UVigo ao Consello de universidades da Fundación Triptolemos para o desenvolvemento agroalimentario. (Consello de goberno de 23 de xaneiro de 2015).
  6. Acordo sobre a asignación de complementos de recoñecemento por cargos de xestión a profesores da UVigo, consonte avaliación da ACSUGA (xuntanza de 18 de decembro de 2014).
  7. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de decembro de 2014 e xaneiro de 2015.
  8. Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (18.12.2014).

Acórdase dar conta ao Pleno sobre a liquidación do orzamento de ingresos e gastos da UVigo do exercicio 2014 e sobre o avance da auditoría e análise do informe de execución orzamentaria anual, consonte ao disposto no Real Decreto-Lei 14/2012

Acórdase dar conta ao Pleno da revisión e análise do informe de auditoría operativa sobre os procedementos de xestión económica da investigación e da transferencia de resultados na Área de Investigación da UVigo.

Acórdase encargar unha auditoría operativa sobre o procedemento de ingresos de investigación, proxectos e transferencias, baixo a coordinación de don Jesús Graña.

Acórdase informar favorablemente sobre a adhesión da UVigo ao Consello de universidades da Fundación Triplotemos para o desenvolvemento agroalimentario. (Consello de goberno de 23 de xaneiro de 2015).

Acórdase a asignación de complementos de recoñecemento por cargos de xestión a profesores da UVigo, consonte avaliación da ACSUGA (xuntanza de 18 de decembro de 2014).

Dase por informada sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de decembro de 2014 e xaneiro de 2015.