O xoves, 20 de outubro de 2022, ás 12:10 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.07.2022).
Apróbase, tras incorporar dúas observacións de Carlos Mollinedo no punto 3. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
- Informe da vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade sobre a matrícula do curso 2022/2023. Evolución, comparativas e reflexións que procedan.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación definitiva, se procede, da creación e da participación da Universidade de Vigo no capital social da empresa SPARC, S.L. (Consello de Goberno do 28 de xullo de 2022).
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da modificación da participación da Universidade de Vigo en SIGMA, Gestión Universitaria-AIE. Ampliación de capital e novos membros. (Consello de Goberno do 28 de setembro de 2022).
Apróbase por asentimento. - Informe que proceda sobre a proposta de tramitación da modificación do título de Grao en Publicidade e Relacións Públicas. (Consello de Goberno do 28 de setembro de 2022).
Retírase o punto da Orde do Día. - Aprobación, se procede, da proposta de reasignación definitiva das Bolsas-colaboración asignadas á Universidade de Vigo para o curso 2022/2023.
Apróbase por asentimento.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión do 04.10.2022)
- Ratificación, se procede, da axuda concedida para elaborar a enquisa sobre a inserción laboral dos egresados en Grao e Máster da promoción 2019/2020.
- Ratificación, se procede, do acordo para actualizar o Estudo para medir o impacto e o retorno económico e social da actividade da Universidade de Vigo, en conxunto e en cada un dos Campus.
- Ratificación, se procede, do apoio económico para a elaboración do Plan de Responsabilidade Social da Universidade de Vigo.
- Aprobación, se procede, das tarifas por actividades deportivas na Universidade de Vigo, exencións e descontos, para o curso 2022/2023.
- Outros acordos.
Puntos 9, 10, 11, 12 e 13, o Pleno dá a súa conformidade.
————
- Proposta de designación de membros para a cobertura de vacantes na Comisión de Actividades e Servizos e na Comisión Económica do Consello Social.
Pleno dá a súa aprobación - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de xullo e agosto de 2022.
O Pleno dáse por informado. - Rogos e preguntas.
Interveñen: Juan Manuel Vieites, Emilio Fernández Zunzunegui e Juan José Santamaría.
Acta da reunión ordinaria do Pleno do Consello do 20 de outubro de 2022
Documento PDF, 198 KB